Os camiños do sabor de Galicia permiten coñecer o proceso produtivo agropecuario e degustar a cociña local.

4 Produtores.
0 Tendas.
1 Restaurantes.
3 Aloxamento.
56 Receitas.
0 Museos.
7 Citas gastronómicas.
14 Pat. cultural.
8 Pat. natural.
2 Servizo turístico.

A castaña de Galicia



Das análises polínicas despréndese que a presenza da castaña en Galicia remóntase polo menos até o Pleistoceno. Este froito constituía a base da alimentación en Europa até a chegada da pataca e o millo no século XVI, período a partir do cal foi perdendo protagonismo nas cociñas campesiñas. A cultura e tradición populares déronlle moitos usos e significados ao longo da historia, chegando mesmo a utilizalas como talismáns máxicos.

Os druídas considerábanas sacras, aínda que foron as lexións do Imperio Romano quen, alá polo século I d.c., introduciron o seu cultivo en España. Consumíanse asadas, secas ou en forma de fariña.

A "castaña de Galicia" é unha das máis coñecidas polo consumidor español, e apreciada, cada vez máis, por consumidores doutros países onde se exporta actualmente. Este froito, recoñecido como Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.), obtense do castiñeiro europeo (Castanea sativa Mill.) e destínase ao consumo nos mercados máis selectos.

As castañas galegas son moi valoradas polo seu tamaño e calidade, caracterizándose ademais por presentar un pericarpio fino, de cor marrón claro e brillante, así como un epispermo (membrana) fino que penetra lixeiramente na semente e que se separa facilmente ao pelala. Así mesmo, ofrece un sabor doce e unha textura firme non fariñosa.

Na provincia de Lugo cultívase e colleitase castaña en todo o territorio, salvo nos municipios costeiros do norte.

A calidade do produto galego será garantida polo Consello Regulador sendo o Instituto Galego da Calidade Agroalimentaria (Ingacal), a institución que realizará o control e certificación das castañas acollidas ao IXP "Castaña de Galicia".