0 Tendas.
1 Restaurantes.
3 Aloxamento.
56 Receitas.
0 Museos.
7 Citas gastronómicas.
14 Pat. cultural.
8 Pat. natural.
2 Servizo turístico.
Presentación
O proxecto Cantata 2, cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo – Atlántico, ten como obxectivo principal a creación dun instrumento estable de cooperación público - privado para promover e desenvolver de xeito integral os recursos agroalimentarios, turísticos e patrimoniais dos territorios. Para Galicia está aprobado un orzamento de 511.726 € sendo un 65 % financiado mediante os fondos FEDER.
No marco deste proxecto estase a desenvolver en Galicia un produto turístico innovador “Camiños dos sabores de Galicia”. Enténdese por Camiño do sabor un itinerario que permite coñecer e gozar, de forma organizada, do proceso produtivo agropecuario e industrial e da degustación da cociña local.
Para a posta en marcha dos camiños do sabor galegos seleccionáronse produtos con características singulares, moitos deles amparados baixo unha Denominación de Orixe ou outras figuras de protección da calidade: queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (San Simón, Tetilla, Arzúa - Ulloa, Cebreiro), I.X.P. mel de Galicia, I.X.P. castaña de Galicia e aves de curral criadas tradicionalmente (capón de Vilalba e galo de vila de Cruces).
Segundo a interacción das actividades agroalimentarias e turísticas relacionadas cos produtos seleccionados como eixo vertebrador delimitáronse catro áreas piloto de intervención ou nodos.

Aínda que Camiños dos sabores de Galicia inicialmente se vai desenvolver nestas zonas piloto, o ámbito de actuación pode ser ampliado dando continuidade á imaxe das rutas.










