0 Tendas.
1 Restaurantes.
3 Aloxamento.
56 Receitas.
0 Museos.
7 Citas gastronómicas.
14 Pat. cultural.
8 Pat. natural.
2 Servizo turístico.
Queixos: Presentación
Galicia, cos seus verdes campos, o excelente gando vacún e as condicións meteorolóxicas tan particulares das terras do norte, constitúese como un lugar idóneo para a produción de lácteos. En concreto, os queixos galegos reúnen o mellor da tradición gandeira galega e da tecnoloxía máis avanzada, garantindo os maiores estándares de calidade nos seus procesos de produción.
As catro variedades de queixos que existen en Galicia, todas elas amparadas baixo as súas respectivas denominacións de orixe, son Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa, Queixo do Cebreiro e Queixo Tetilla.
Nesta zona en concreto prodúcese o queixo Cebreiro, elaborado con leite galego da maior calidade, o cal redunda nun sabor auténtico.
Este queixo, considerado manxar de reis no século XVIII, é peculiar pola súa forma de fungo ou gorro de cociñeiro. Actualmente comercialízase baixo a súa variante de queixo fresco, cunha maduración mínima de 48 horas. Estes queixos non presentan cortiza diferenciada, a masa é branda e fundente ao padal, e o seu sabor e aroma lembran ao leite da que proceden.










