0 Tendas.
1 Restaurantes.
3 Aloxamento.
56 Receitas.
0 Museos.
7 Citas gastronómicas.
14 Pat. cultural.
8 Pat. natural.
2 Servizo turístico.
Requisitos de adhesión
A tipoloxía de establecementos susceptibles de adhesión ao produto turístico Camiños dos Sabores de Galicia e os requisitos que deben cumprir son os especificados a continuación:
1.- Empresas de actividades agroalimentarias e relacionadas:
- Empresas agroalimentarias/produtores, recolección.
- Recurso agroalimentario (produción, recolección, patrimonio rural).
- Tendas especializadas (establecementos de venda de produtos agroalimentarios).
2.- Empresas do sector turístico:
- Museos e centros de interpretación.
- Aloxamentos.
- Hostalería e restauración.
- Empresas de actividades complementarias (guías turísticos, empresas de tempo libre, turismo deportivo, turismo termal, etc.).
- Axencias receptivas (Touroperadores e Axencias de viaxes).
3.- Administracións Públicas e outras organizacións.
Estes requisitos de adhesión, todos eles recollidos no decálogo do produto, clasifícanse en dous tipos: uns de carácter obrigatorio, relacionados con permisos, pertenza a unha D.O.P. ou I.X.P. ou nodos, seguros, etc. e, outros de carácter complementario que se relacionan con aspectos que se poderán cumprir de forma voluntaria, aínda que é aconsellable o seu seguimento xa que así ofrecerase valor engadido ao produto turístico e daráselle continuidade a un produto de calidade.










