Os camiños do sabor de Galicia permiten coñecer o proceso produtivo agropecuario e degustar a cociña local.

4 Produtores.
0 Tendas.
1 Restaurantes.
3 Aloxamento.
56 Receitas.
0 Museos.
7 Citas gastronómicas.
14 Pat. cultural.
8 Pat. natural.
2 Servizo turístico.

Torta fría de queixo do Cebreiro



Receta

 
 
Ingredientes:

(4 persoas) 1 paquete de galletas María, 125 gramos de margarina, 1 caixa de xelatina de limón, 6 "petisuis" naturais e 300 gramos de queixo do Cebreiro.

Preparación:

Desfanse as galletas ata que queden como fariña, engádase a margarina e amasar coas mans até facer unha pasta que se estenderá nun molde (se é posible desmontable), colocándoo de forma convexa. Pór a ferver un vaso de auga. Retirar do lume e baleirar nel a xelatina de limón. Dánselle unhas voltas e déixase arrefriar ata que quede viscosa. Botar nun recipiente, xunto cos "petisuis" e o queixo. Bater todo co batedor e pór nun molde sobre a capa de pasta. Deixar arrefriar e desmontar. Adórnase e métese na neveira. Servir fría.

 

Fonte: Consello Regulador DOP Cebreiro